logotipo
CORAL POLIFÓNICA TRASDEZA (SILLEDA, Pontevedra)
   
CORAL POLIFÓNICA TRASDEZA (SILLEDA, Pontevedra)
MANUEL MOLINOS DIRECTOR
XUNTA DIRECTIVA e MEMBROS DE HONRA
MEMBROS CANTORES
REPERTORIO 2014
ILUSTRACIÓNS
XXII TARDES DE PRIMAVERA Programa

AMIGOS PROTECTORES DA CORAL
imagen
imagen
SEMBLANZA


CORAL POLIFÓNICA “ TRASDEZA” de SILLEDA

Fundada como Asociación Cultural no mes de Nadal de 1989, fixo a súa presentación oficial na igrexa parroquial de Silleda o día 27 de Maio de 1990, guiada sempre da man cariñosa e experta batuta do seu querido director, Manuel Molinos, quen sempre lle brindou tódalas súas composicións de canto e harmonización de temas xa coñecidos.

A Coral desenvolveu dende os seus comezos, unha intensa actividade, debendo subliñar, como mostras, a celebración dos Concertos Extraordinarios Anuais polo Nadal de Silleda e Bandeira e a organización do Encontro Coral, "Tardes de Primavera", que xa forma parte do arquivo histórico musical da Terra de Trasdeza con vinteunha edicións no seu haber no ano 2010.

Salientar tamén, a participación na TVG nos programas "Galeguidade" e "Luar" e en“Galicia para el mundo” da TVE; a edición dun C.D. que baixo o título " Trasdeza Canta" representa unha escolma do seu mellor repertorio, e a xira feita no mes de Nadal de 1998 por Euskadi e Navarra cantando no incomparable marco do salón de Plenos do Concello de S. Sebastián, para os galegos emigrados no Pais Vasco. De moita importancia foi, tamén a invitación a cantar no Congreso Mundial de Boys Scouts celebrado en Santiago. Como saídas aínda lembradas , as efectuadas o pasado ano para cantar nas veciñas e entrañables terras de Asturias, Tapia de Casariego, e do Bierzo, na súa capital, Ponferrada.

Destacar, así mesmo, a participación activa en actos diversos, como misas solemnes, dúas do Peregrino na Catedral de Santiago, concertos, e máis concretamente en certames de panxoliñas, recibindo ó longo da súa historia premios tan importantes coma o de” Mellor Interpretación”, no II Concurso de Pelegrin celebrado no Auditorio de Galicia en Santiago e os de “Mellor Panxoliña Inédita” outorgado no Festival de Vilancicos Caixavigo en dúas ocasións. Como último mérito reseñable, no 2007 resulta seleccionada pola Federación FECOGA para participar no I Certame Galego de Coros, “ En Clave de Coral”.

Breve historia , que sempre lle queren dedicar aos seus socios de mérito polo seu permanente apoio e aos amantes da música coral en xeral .
imagen
DATOS INFORMATIVOS
ENDEREZO

CORAL POLIFÓNICA TRASDEZA
Rúa do Progreso, nº 41
Apartado de Correos, 38
36540 SILLEDA( Pontevedra)

WEB:www.coraltrasdeza.galeon.com
e-mail:coraltrasdeza@gmail.com
Móbil Presidenta: Dorita 666 976 531
Fax: 986 581028

Autor: A.A.P.